{"id":31504,"date":"2024-03-19T15:13:34","date_gmt":"2024-03-19T15:13:34","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-establecementos-de-turismo-slow-norte-de-galicia-poderan-formar-parte-de-xeito-directo-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible\/"},"modified":"2024-03-19T15:13:34","modified_gmt":"2024-03-19T14:13:34","slug":"os-establecementos-de-turismo-slow-norte-de-galicia-poderan-formar-parte-de-xeito-directo-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-establecementos-de-turismo-slow-norte-de-galicia-poderan-formar-parte-de-xeito-directo-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible\/","title":{"rendered":"Os establecementos de Turismo Slow Norte de Galicia poder\u00e1n formar parte de xeito directo do Club de Produto Galicia Destino Sostible"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia interveu na presentaci\u00f3n do acordo entre as Mancomunidades de Concellos da Mari\u00f1a e Ferrolterra para a inclusi\u00f3n de Turismo Slow Norte de Galicia en Galicia Destino Sostible.<\/strong><\/li>\n<li><strong>A pertenza a Turismo Slow Norte de Galicia pasar\u00e1 a considerarse un criterio habilitante para formar parte de Galicia Destino Sostible.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>O sal\u00f3n de plenos do Concello de Ourol acolleu o pasado xoves, 14 de marzo, a presentaci\u00f3n do acordo entre as Mancomunidades de Concellos da Mari\u00f1a e Ferrolterra e o Cl\u00faster de Turismo de Galicia para a inclusi\u00f3n como criterio habilitante para adherirse ao club de produto <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Galicia Destino Sostible<\/a> pertencer ao proxecto <a href=\"https:\/\/turismoslow.gal\/\">Turismo Slow Norte de Galicia<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Galicia Destino Sostible, iniciativa do Cl\u00faster de Turismo de Galicia coa colaboraci\u00f3n de Turismo de Galicia, naceu en 2022 co obxectivo de integrar a oferta tur\u00edstica sostible da comunidade,\u00a0 po\u00f1endo en contacto \u00e1s empresas adheridas con turistas interesados nunha experiencia comprometida co desenvolvemento local, co bo uso dos recursos naturais e co apoio \u00e1 cultura, ao patrimonio hist\u00f3rico e \u00e1 tradici\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster de Turismo, Ces\u00e1reo Pardal, agradeceu o interese de Turismo Slow Norte de Galicia no club de produto e destacou a importancia de \u201csumar esforzos para avanzar xuntos\u201d. Ademais, subli\u00f1ou o peso que ten o turismo na consecuci\u00f3n dos obxectivos da Axenda 2030 a trav\u00e9s da transici\u00f3n cara un modo de viaxar m\u00e1is respectuoso coa natureza, coa sociedade e coa econom\u00eda local.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para a formar parte de Galicia Destino Sostible, as empresas deben cumprir unha serie de requisitos que garanten a s\u00faa vinculaci\u00f3n coa sostibilidade e que supo\u00f1en un compromiso de mellora continua. Con este acordo, e debido \u00e1s singulares caracter\u00edsticas dos establecementos adheridos a Turismo Slow Norte de Galicia, as empresas que forman do proxecto poder\u00e1n integrarse de maneira directa en Galicia Destino Sostible, ampliando as\u00ed a ampla oferta tur\u00edstica coa que conta o club.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Actualmente forman parte de Galicia Destino Sostible preto de 90 empresas entre aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxe e provedores de oferta tur\u00edstica complementaria que ofrecen m\u00e1is de 150 produtos de diferentes tipolox\u00edas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pardal\u00a0 tam\u00e9n destacou o compromiso do tecido empresarial galego coa sostibilidade no sentido m\u00e1is amplo, e defendeu a aposta por un sector que coida a natureza e o medio ambiente, a econom\u00eda circular e a dixitalizaci\u00f3n, o desenvolvemento local e a posta en valor da cultura, da tradici\u00f3n, da lingua, da artesan\u00eda ou dos produtos de proximidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No acto celebrado en Ourol participaron representantes das Mancomunidades da Mari\u00f1a e Ferrolterra, das empresas que levan adiante ambos proxectos (Turismo Slow e Destino Sostible) e do Concello anfitri\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia interveu na presentaci\u00f3n do acordo entre as Mancomunidades de Concellos da Mari\u00f1a e Ferrolterra para a inclusi\u00f3n de Turismo Slow Norte de Galicia en Galicia Destino Sostible. A pertenza a Turismo Slow Norte de Galicia pasar\u00e1 a considerarse un criterio habilitante para formar parte de Galicia Destino Sostible. &#8230; <a title=\"Os establecementos de Turismo Slow Norte de Galicia poder\u00e1n formar parte de xeito directo do Club de Produto Galicia Destino Sostible\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-establecementos-de-turismo-slow-norte-de-galicia-poderan-formar-parte-de-xeito-directo-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os establecementos de Turismo Slow Norte de Galicia poder\u00e1n formar parte de xeito directo do Club de Produto Galicia Destino Sostible\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-31504","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31504","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31504"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31504\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31504"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31504"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31504"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}