{"id":31576,"date":"2024-04-23T08:22:02","date_gmt":"2024-04-23T08:22:02","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-de-galicia-lanza-unha-nova-convocatoria-de-axudas-para-a-creacion-de-novos-establecementos-turisticos-de-aloxamento-e-restauracion-como-proxectos-tractores\/"},"modified":"2024-04-23T08:22:02","modified_gmt":"2024-04-23T07:22:02","slug":"a-xunta-de-galicia-lanza-unha-nova-convocatoria-de-axudas-para-a-creacion-de-novos-establecementos-turisticos-de-aloxamento-e-restauracion-como-proxectos-tractores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-lanza-unha-nova-convocatoria-de-axudas-para-a-creacion-de-novos-establecementos-turisticos-de-aloxamento-e-restauracion-como-proxectos-tractores\/","title":{"rendered":"A Xunta de Galicia lanza unha nova convocatoria de axudas para a creaci\u00f3n de novos establecementos tur\u00edsticos de aloxamento e restauraci\u00f3n como proxectos tractores"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O obxectivo \u00e9 mellorar e ampliar os servizos aos visitantes mentres se fomenta o emprego tur\u00edstico, buscando un impacto positivo na econom\u00eda local.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>O pasado martes, 16 de abril, o <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2024\/20240416\/AnuncioG0256-050424-0001_gl.html\">Documento Oficial de Galicia<\/a> (DOG) publicaba as bases reguladoras para a concesi\u00f3n das subvenci\u00f3ns a proxectos tractores da enogastronom\u00eda de Galicia, no marco del Plan Territorial de Enogastronom\u00eda de Galicia, posto en marcha pola Axencia Turismo de Galicia con fondos Next Generation.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta nova li\u00f1a de axudas, dotada de 2,5 M\u20ac, fomenta a creaci\u00f3n de novos establecementos tur\u00edsticos de aloxamento e restauraci\u00f3n para mellorar e ampliar os servizos aos visitantes, mentres se fomenta o emprego tur\u00edstico e se busca un impacto positivo na econom\u00eda local.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O orzamento div\u00eddese en catro li\u00f1as de actuaci\u00f3n subvencionables: a li\u00f1a 1, creaci\u00f3n de infraestruturas de aloxamento e restauraci\u00f3n con criterios de sustentabilidade e eficiencia enerx\u00e9tica, cun orzamento de 1.568.000 \u20ac; a li\u00f1a 2, sistemas de enerx\u00edas renovables e econom\u00eda circular, cun orzamento de 400.000 \u20ac; a li\u00f1a 3, proxectos dixitais vinculados \u00e1 enogastronom\u00eda e \u00e1 sustentabilidade tur\u00edstica, cun orzamento de 150.000 \u20ac, e a li\u00f1a 4, experiencias enogastron\u00f3micas, cun orzamento de 382.000 \u20ac. Os proxectos achegados deber\u00e1n ascender a un m\u00ednimo de 200.000 \u20ac de investimento para o conxunto das catro li\u00f1as de subvencionabilidade<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Poden ser beneficiaras as pequenas, medianas e grandes empresas que proxecten levar a cabo un investimento para crear un novo establecemento tur\u00edstico en Galicia: desde pensi\u00f3ns ata establecementos de turismo rural, albergues, c\u00e1mpings, restaurantes, cafetar\u00edas ou bares, entre outras.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Deben ser proxectos tractores a longo prazo, contribu\u00edndo \u00e1 transici\u00f3n verde, \u00e1 creaci\u00f3n de emprego, \u00e1 sostibilidade tur\u00edstica do destino, e \u00e1 posta en valor da enogastronom\u00eda de Galicia. Ademais, deber\u00e1 ir aparellado da posta en marcha de experiencias enogastron\u00f3micas como visitas en orixe que po\u00f1an en valor o proceso de creaci\u00f3n da materia prima, o seu coidado, recolecci\u00f3n, procesado, elaboraci\u00f3n; as\u00ed como experiencias interactivas de coci\u00f1a ou showcooking, degustaci\u00f3ns e catas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As empresas interesadas poden presentar as s\u00faas solicitudes ata o 16 de agosto \u00e1s 23:59 horas, a trav\u00e9s da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, <a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?langId=es_ES&amp;codtram=TU503J&amp;ano=2024&amp;numpub=1&amp;lang=gl&amp;c=cidadans%27a%3D0\">c\u00f3digo de procedemento TU503J<\/a>. As axudas pres\u00e9ntanse por concorrencia simple, de forma que se atenden as petici\u00f3ns que cumpren os criterios por orde de chegada. As empresas deber\u00e1n contar entre os seus produtos principais con, polo menos, un produto que conte con Denominaci\u00f3n de Orixe Protexida de Galicia, Indicaci\u00f3n Xeogr\u00e1fica Protexida de Galicia, a certificaci\u00f3n Vi\u00f1os da Terra, ou que dispo\u00f1an do selo de destino Galicia Calidade. Ademais disto, tam\u00e9n ter\u00e1n que cumprir con d\u00faas das seguintes condici\u00f3ns: creaci\u00f3n dun m\u00ednimo de cinco postos de traballo directos, creaci\u00f3n de v\u00ednculos con axentes p\u00fablicos e privados do territorio ou outros sectores de actividade e contribuci\u00f3n \u00e1 sustentabilidade tur\u00edstica, con novas f\u00f3rmulas de xesti\u00f3n (uso de produtos de proximidade ou ecol\u00f3xicos, implantaci\u00f3n de f\u00f3rmulas de reciclaxe&#8230;) ou con programas de actividades ou sensibilizaci\u00f3n medioambiental.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Axudas para fomentar o turismo enogastron\u00f3mico<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Co obxectivo de fomentar o turismo enogastron\u00f3mico, <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/la-xunta-convoca-una-nueva-convocatoria-de-ayudas-para-fomentar-el-turismo-enogastronomico\/\">a Xunta de Galicia xa lanzou a comezos de ano unha convocatoria con tres li\u00f1as de axudas diferentes<\/a>, e cuxo prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes finaliza o 19 de xu\u00f1o \u00e1s 23:59 horas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O obxectivo \u00e9 mellorar e ampliar os servizos aos visitantes mentres se fomenta o emprego tur\u00edstico, buscando un impacto positivo na econom\u00eda local. O pasado martes, 16 de abril, o Documento Oficial de Galicia (DOG) publicaba as bases reguladoras para a concesi\u00f3n das subvenci\u00f3ns a proxectos tractores da enogastronom\u00eda de Galicia, no marco del Plan &#8230; <a title=\"A Xunta de Galicia lanza unha nova convocatoria de axudas para a creaci\u00f3n de novos establecementos tur\u00edsticos de aloxamento e restauraci\u00f3n como proxectos tractores\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-lanza-unha-nova-convocatoria-de-axudas-para-a-creacion-de-novos-establecementos-turisticos-de-aloxamento-e-restauracion-como-proxectos-tractores\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta de Galicia lanza unha nova convocatoria de axudas para a creaci\u00f3n de novos establecementos tur\u00edsticos de aloxamento e restauraci\u00f3n como proxectos tractores\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-31576","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31576","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31576"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31576\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31576"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31576"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31576"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}