{"id":31837,"date":"2024-08-30T12:41:31","date_gmt":"2024-08-30T12:41:31","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cun-nivel-de-ocupacion-do-80-e-unha-estadia-media-de-cinco-noites\/"},"modified":"2024-08-30T12:41:31","modified_gmt":"2024-08-30T11:41:31","slug":"o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cun-nivel-de-ocupacion-do-80-e-unha-estadia-media-de-cinco-noites","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cun-nivel-de-ocupacion-do-80-e-unha-estadia-media-de-cinco-noites\/","title":{"rendered":"O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n cun nivel de ocupaci\u00f3n do 80% e unha estad\u00eda media de cinco noites"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>Esta porcentaxe superou o 95% nalgunhas zonas e datas sinaladas.<\/strong><\/li>\n<li><strong>O perfil de turista maioritario \u00e9 o de orixe nacional pero destaca o incremento de viaxeiros internacionais, que supuxeron o 23% total.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Destaca o bo comportamento do turismo rural e a capacidade de atracci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n cun nivel de ocupaci\u00f3n do 80%, que nalgunhas zonas e, en momentos puntuais, acadou o 95%. C\u00f3mprense as\u00ed as previsi\u00f3ns que se manexaban a principios de tempada e grazas, en boa media, \u00e1 mellora da climatolox\u00eda no mes de agosto tras un mes de xullo no que o mal tempo repercutiu en cancelaci\u00f3ns e unha baixada das reservas de \u00faltima hora. Son datos da sondaxe realizada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia esta semana, no que as fontes consultadas apuntan tam\u00e9n a unha estad\u00eda media de cinco noites.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os profesionais do sector destacan tam\u00e9n o crecemento do turista internacional, que acada unha porcentaxe do 23%, a\u00ednda que o perfil maioritario nesta \u00e9poca segue sendo o do viaxeiro nacional, que sup\u00f3n o 75% do total.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O sector coincide no bo comportamento do turismo rural, especialmente no mes de agosto, no que alg\u00fans establecementos colgaron o cartel de completo. O Cami\u00f1o de Santiago contin\u00faa a ser un dos principais reclamos para visitar Galicia, especialmente polo turista estranxeiro. Estados Unidos, Italia, Alema\u00f1a e Portugal son os principais emisores de peregrinos a nivel internacional e Andaluc\u00eda, Madrid e a Comunidade Valenciana a nivel nacional.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Prezos<\/strong><\/p>\n<p>Respecto aos prezos, durante o mes de agosto, os hoteis de 5 estrelas son os que rexistraron prezos m\u00e1is elevados, superando en momentos puntuais os 240 euros; os hoteis de 4 estrelas alcanzaron prezos m\u00e1ximos de 150 euros por noite, mentres que os de unha estrela situ\u00e1ronse pr\u00f3ximos aos 70 euros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nas pensi\u00f3ns, as de 3 estrelas son as que rexistras prezos m\u00e1is elevados, entre os 75 e os 95 euros, mentres que os custos medios por noite situ\u00e1ronse entre os 60 e os 75 euros para as pensi\u00f3ns de 1 e 2 estrelas. Nos c\u00e1mpings, o custo por noite situouse en torno aos 40 euros para os c\u00e1mpings de primeira categor\u00eda, os de segunda categor\u00eda variaron entre os 70 e os 270 euros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No caso dos albergues, en funci\u00f3n da categor\u00eda, os prezos m\u00e1is baixos estiveron en torno aos 16 euros con picos de ata 76 euros. No turismo rural as cifras oscilaron entre os 40 e os 100 euros para a maior\u00eda de establecementos, a\u00ednda que en datas sinaladas e determinados tipolox\u00edas de establecementos como as casas reitorais, os prezos aumentaron ata os 250 euros.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Previsi\u00f3ns por zonas<\/strong><\/p>\n<p>En canto ao balance por zonas, os hoteis da cidade da Coru\u00f1a\u00a0 cifran a ocupaci\u00f3n nun 85% en xullo e nun 92% no mes de agosto, superando os datos do pasado ver\u00e1n, grazas sobre todo ao \u00e9xito dos eventos e concertos que tiveron lugar na cidade ao longo do ver\u00e1n. O turismo internacional tam\u00e9n rexistrou un notable crecemento, sobre todo o procedente de Francia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na Costa da Morte as cifras de ocupaci\u00f3n mantiv\u00e9ronse en torno ao 80% cun crecemento do turista internacional, especialmente o procedente de Italia e de Corea, que pode chegar a situarse en torno ao 20%.\u00a0 Tam\u00e9n se acadaron datos positivos para o Cami\u00f1o de Fisterra Mux\u00eda, mantendo a tendencia crecente desta Ruta Xacobea nos \u00faltimos anos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En Santiago de Compostela as fontes consultadas sinalan un nivel de ocupaci\u00f3n superior ao 80%, ademais dun leve crecemento do turista internacional, sobre todo do procedente de Estados Unidos e de Alema\u00f1a.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En Ferrol e comarca a ocupaci\u00f3n acadou o 80% no mes de xullo e o 95% en agosto. Nesta zona o mercado principal \u00e9 o nacional, a\u00ednda que o internacional experimentou un lixeiro crecemento, cun preso crecente do Cami\u00f1o Ingl\u00e9s e do turismo de surf.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En Sanxenxo, as fontes consultadas sinalan que no mes de agosto practicamente colgaron o cartel de completo e destacaron o crecemento de turistas internacionais, especialmente os procedentes de Portugal. Ademais, prev\u00e9n un bo mes de setembro xa que se est\u00e1n a constatar un bo ritmo de reservas, especialmente, durante a primeira quincena.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na provincia de Ourense a ocupaci\u00f3n rexistrou o 85% previsto, ademais, super\u00e1ronse as cifras de visitantes do ano pasado. De cara a setembro ag\u00e1rdanse datos tam\u00e9n positivos de ocupaci\u00f3n e visitas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Ribeira Sacra a ocupaci\u00f3n acadou unha porcentaxe media do 81%, con picos de ata o 93%\u00a0 no mes de agosto. A\u00ednda que o turismo segue a ser maioritariamente nacional, crece o turismo internacional crece con respecto ao ano anterior, sobre o procedente de Francia e Portugal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta porcentaxe superou o 95% nalgunhas zonas e datas sinaladas. O perfil de turista maioritario \u00e9 o de orixe nacional pero destaca o incremento de viaxeiros internacionais, que supuxeron o 23% total. Destaca o bo comportamento do turismo rural e a capacidade de atracci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago. O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n &#8230; <a title=\"O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n cun nivel de ocupaci\u00f3n do 80% e unha estad\u00eda media de cinco noites\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cun-nivel-de-ocupacion-do-80-e-unha-estadia-media-de-cinco-noites\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n cun nivel de ocupaci\u00f3n do 80% e unha estad\u00eda media de cinco noites\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-31837","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31837","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31837"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31837\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31837"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31837"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31837"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}