{"id":32443,"date":"2025-07-02T12:01:19","date_gmt":"2025-07-02T12:01:19","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-aloxamentos-galegos-tenen-xa-preto-da-metade-das-prazas-vendidas-para-o-mes-de-xullo\/"},"modified":"2025-07-02T12:01:19","modified_gmt":"2025-07-02T11:01:19","slug":"os-aloxamentos-galegos-tenen-xa-preto-da-metade-das-prazas-vendidas-para-o-mes-de-xullo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-aloxamentos-galegos-tenen-xa-preto-da-metade-das-prazas-vendidas-para-o-mes-de-xullo\/","title":{"rendered":"Os aloxamentos galegos te\u00f1en xa preto da metade das prazas vendidas para o mes de xullo"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>A previsi\u00f3n de estancia media para o vindeiro mes supera as cinco noites e o prezo medio por noite rolda os 100 euros.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Galicia pechou o mes de xu\u00f1o cunha porcentaxe de ocupaci\u00f3n de preto do 62%, con picos de ata o 86% na ponte de San Xo\u00e1n.<\/strong><\/li>\n<li><strong>presidente de Cl\u00faster e o director de Turismo de Galicia presentaron hoxe datos de balance do mes de xu\u00f1o e as previsi\u00f3ns de xullo as\u00ed como novas ferramentas de monitorizaci\u00f3n e an\u00e1lise de datos para o sector.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os establecementos de aloxamento galegos te\u00f1en vendidas preto da metade da prazas para o mes de xullo. A d\u00eda de hoxe as reservas formalizadas sit\u00faanse nun 51,86%, cun prezo medio por noite de 98,96 euros. Estes datos son parte das previsi\u00f3ns para o vindeiro mes que avanzaron esta ma\u00f1\u00e1 o presidente do Cl\u00faster de Turismo, Ces\u00e1reo Pardal, e o director de Turismo de Galicia, Xos\u00e9 Merelles, nunha rolda de prensa, na que tam\u00e9n deron conta do balance do mes de xu\u00f1o.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os datos, procedentes do <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/simada\/\">Sistema de Monitorizaci\u00f3n e An\u00e1lise de Datos de Aloxamento, SIMADA<\/a>, que puxo en marcha o Cl\u00faster en colaboraci\u00f3n con Turismo de Galicia, apuntan a que a estancia media para o mes de xullo est\u00e1 en torno a 5,49 noites. Ademais, os datos dispo\u00f1ibles sinalan que a \u00a0procedencia dos viaxeiros ser\u00e1 maioritariamente de orixe nacional (61,68%) e nun 19,68% internacional, a\u00ednda que nestes momentos o 18,51% dos viaxeiros que realizaron unha reserva non indicaron a s\u00faa orixe.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Respecto ao mes de xu\u00f1o, a porcentaxe de ocupaci\u00f3n nos aloxamentos galegos situouse no 61,91% cun prezo medio por noite de 69,56 euros. C\u00f3mpre sinalar que, tanto a ocupaci\u00f3n como o prezo por noite alcanzaron picos de m\u00e1is do 86% e os 82 euros nalgunha xornada da ponte de San Xo\u00e1n. A porcentaxe media de ocupaci\u00f3n nos d\u00edas da ponte, entre o venres 20 e o martes 24 de xu\u00f1o, foi do 70,43% e o prezo medio de 78 euros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A estancia media durante xu\u00f1o foi de 3,69 noites e respecto a procedencia dos visitantes, a maior\u00eda, preto do 70%, foron de orixe nacional e preto do 28% internacionais. En canto aos pa\u00edses de orixe dos viaxeiros internacionais, en primeiro lugar est\u00e1 Portugal, seguido de Estados Unidos, Polonia e Alema\u00f1a.\u00a0 No caso dos viaxeiros nacionais, Madrid \u00e9 a Comunidade de orixe maioritaria, seguida de Andaluc\u00eda, Castilla y Le\u00f3n e Castilla-La Mancha.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>SIMADA<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster de Turismo de Galicia explicou o funcionamento de <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/simada\/\">SIMADA<\/a>, un sistema que ofrece \u00e1s empresas adheridas datos actualizados de ocupaci\u00f3n, prezos e canles de venda, o que lles permite tomar decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas e axustarse \u00e1s tendencias do mercado en tempo real. A informaci\u00f3n procede, esencialmente, dos sistemas de xesti\u00f3n dos propios aloxamentos e complem\u00e9ntase con datos de web scrapping de sitios relevantes de comercializaci\u00f3n tur\u00edstica e informaci\u00f3n estat\u00edstica do INE ou AENA.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>SIMADA \u00e9 sistema gratu\u00edto ao que pode acceder calquera empresa de aloxamento que ceda os seus datos, que se consultan sempre de forma agregada e an\u00f3nima, con todas as garant\u00edas de seguridade e confidencialidade. O acceso \u00e1 informaci\u00f3n real\u00edzase a trav\u00e9s dunha aplicaci\u00f3n web accesible e sinxela, dese\u00f1ada para que calquera usuario poida aproveitar ao m\u00e1ximo as s\u00faas funcionalidades sen necesidade de co\u00f1ecementos t\u00e9cnicos avanzados.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster e o director de Turismo anunciaron a sinatura nos vindeiros d\u00edas dun convenio de colaboraci\u00f3n cunha achega de Xunta de 72.600 euros para avanzar na segunda fase de implantaci\u00f3n de SIMADA, que permitir\u00e1 incorporar novas funcionalidades, e estender o alcance do sistema a m\u00e1is empresas grazas \u00e1 actividades de difusi\u00f3n e asesoramento.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A previsi\u00f3n de estancia media para o vindeiro mes supera as cinco noites e o prezo medio por noite rolda os 100 euros. Galicia pechou o mes de xu\u00f1o cunha porcentaxe de ocupaci\u00f3n de preto do 62%, con picos de ata o 86% na ponte de San Xo\u00e1n. presidente de Cl\u00faster e o director de &#8230; <a title=\"Os aloxamentos galegos te\u00f1en xa preto da metade das prazas vendidas para o mes de xullo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-aloxamentos-galegos-tenen-xa-preto-da-metade-das-prazas-vendidas-para-o-mes-de-xullo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os aloxamentos galegos te\u00f1en xa preto da metade das prazas vendidas para o mes de xullo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-32443","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32443","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32443"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32443\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32443"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32443"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32443"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}