{"id":32473,"date":"2025-07-17T13:24:43","date_gmt":"2025-07-17T13:24:43","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-aposta-pola-internacionalizacion-do-destino-galicia-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-e-o-peche-da-estratexia-de-turismo-2030-centraron-a-actividade-do-cluster-en-2024\/"},"modified":"2025-07-17T13:24:43","modified_gmt":"2025-07-17T12:24:43","slug":"a-aposta-pola-internacionalizacion-do-destino-galicia-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-e-o-peche-da-estratexia-de-turismo-2030-centraron-a-actividade-do-cluster-en-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-aposta-pola-internacionalizacion-do-destino-galicia-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-e-o-peche-da-estratexia-de-turismo-2030-centraron-a-actividade-do-cluster-en-2024\/","title":{"rendered":"A aposta pola internacionalizaci\u00f3n do destino Galicia, a consolidaci\u00f3n de diferentes produtos tur\u00edsticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Cl\u00faster en 2024"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>A Asemblea anual do Cl\u00faster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuaci\u00f3ns do pasado ano e informou das previstas para o 2025<\/strong><\/li>\n<li><strong>A entidade que aglutina ao sector na comunidade participou durante 2024 nas feiras tur\u00edsticas internacionais m\u00e1is importantes e reforzou a s\u00faa presenza en eventos nacionais<\/strong><\/li>\n<li><strong>A presentaci\u00f3n da Estratexia 2030, as actuaci\u00f3ns para sumar adhesi\u00f3ns ao club de produto \u201cGalicia Destino Sostible\u201d, o peche do programa Xacobeo Xove ou a implantaci\u00f3n de SIMADA foron iniciativas destacadas do ano pasado<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>A promoci\u00f3n do destino Galicia f\u00f3ra das nosas fronteiras \u00e9 unha li\u00f1a estrat\u00e9xica de actuaci\u00f3n para o Cl\u00faster Turismo de Galicia, que no ano 2024 traduciuse na participaci\u00f3n da entidade nas principais feiras tur\u00edsticas internacionais: ITB Berl\u00edn, BTL Lisboa, TTG Incontri de R\u00edmini, WTM Londres, MAST Chicago, BTL Lisboa. Tam\u00e9n se participou noutras acci\u00f3ns de apoio \u00e1 comercializaci\u00f3n da man de Turespa\u00f1a, dirixidas a mercados como EEUU e Canad\u00e1, Xap\u00f3n, Corea e Taiwan, Europa, BENELUX e Latam, as\u00ed como a organizaci\u00f3n dun workshop en Lisboa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, durante o pasado ano reforzouse a promoci\u00f3n nacional coa participaci\u00f3n do Cl\u00faster en feiras e foros nacionais como Fitur, Turexpo Galicia, GastroTur, Sun&amp;Blue, Intur, Foro Exceltur ou a Conferencia Iberoamericana de Ministros e Empresarios de Turismo; eventos institucionais como a Mesa de Turismo de Espa\u00f1a ou a Presentaci\u00f3n Galicia MICE en Madrid; e a organizaci\u00f3n dun workshop en Sevilla.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Continuouse traballando na consolidaci\u00f3n de iniciativas como \u201cGalicia Destino Sostible\u201d, a trav\u00e9s da presenza en feiras nacionais e internacionais, a celebraci\u00f3n de eventos que facilitan a comercializaci\u00f3n como son os workshops, ou a organizaci\u00f3n de viaxes de familiarizaci\u00f3n e prescrici\u00f3n cun enfoque sostible. Todo iso permitiu incrementar as adhesi\u00f3ns ao Club de Produto que concentra a oferta tur\u00edstica sostible e aumentar a s\u00faa visibilidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, ao longo do 2024 tam\u00e9n se ampliou a implementaci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/simada\/\">sistema de monitorizaci\u00f3n de datos de aloxamento (SIMADA)<\/a>, co que xa se proporcionaron as primeiras previsi\u00f3ns para este ver\u00e1n. Con SIMADA o Cl\u00faster busca mellorar a comercializaci\u00f3n ofrecendo \u00e1s empresas do sector un sistema que proporciona datos actualizados de ocupaci\u00f3n, prezos e canles de venda para poder tomar decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas e axustarse \u00e1s tendencias do mercado en tempo real.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Durante o pasado exercicio o Cl\u00faster xestionou o programa Xacobeo Xove, que permitiu que m\u00e1is de 2.700 persoas titulares do Carn\u00e9 Xove puidesen gozar da experiencia do Cami\u00f1o.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se continuou con servizos \u00e1s empresas, entre os cales est\u00e1n os de apoio \u00e1s certificaci\u00f3ns, onde case 50 empresas contan coa certificaci\u00f3n S de Sustentabilidade e m\u00e1is de 250 coa certificaci\u00f3n Q de calidade tur\u00edstica.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Un dos fitos m\u00e1is importantes do pasado ano, foi a elaboraci\u00f3n da Estratexia Turismo de Galicia 2030, en colaboraci\u00f3n coa Axencia Turismo de Galicia, que busca potenciar a identidade propia e singular do noso destino, cun enfoque sostible e internacionalizado, que permita unha actividade menos estacional e ao mesmo tempo, m\u00e1is rendible. Un turismo que axudar\u00e1 no reequilibrio territorial e que demandar\u00e1 unha mellora na mobilidade interna do noso territorio.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Un ano m\u00e1is, a colaboraci\u00f3n coa Deputaci\u00f3n de Pontevedra permitiu a organizaci\u00f3n dunha xornada para o sector que, baixo o t\u00edtulo \u201cNetworking R\u00edas Baixas: Turismo que une. Redes de traballo para a conformaci\u00f3n de experiencias tur\u00edsticas\u201d, ti\u00f1a como obxectivo fomentar o networking entre operadores e un mellor co\u00f1ecemento da oferta tur\u00edstica, especialmente aquela m\u00e1is recente e innovadora.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Son algunhas das actividades recollidas no balance de actuaci\u00f3ns que se presentou esta ma\u00f1\u00e1 na Asemblea xeral do Cl\u00faster, celebrada en Santiago, e na que tam\u00e9n se avanzaron as li\u00f1as estrat\u00e9xicas de 2025.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Futuras actuaci\u00f3ns do Cl\u00faster<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Durante este ano, o Cl\u00faster seguir\u00e1 centrando os seus esforzos, ali\u00f1ados coa Estratexia de Turismo Galicia 2030, na promoci\u00f3n, difusi\u00f3n e comercializaci\u00f3n do destino Galicia, apostando pola internacionalizaci\u00f3n, a sustentabilidade e a rendibilidade empresarial. Para iso seguir\u00e1 ofrecendo asesoramento para a implantaci\u00f3n da Q de calidade e a S de sustentabilidade \u00e1s empresas tur\u00edsticas. Ademais, formalizar\u00e1 un convenio coa Axencia de Turismo para ampliar o alcance de SIMADA e incorporar novas funcionalidades ao sistema.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asemblea anual do Cl\u00faster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuaci\u00f3ns do pasado ano e informou das previstas para o 2025 A entidade que aglutina ao sector na comunidade participou durante 2024 nas feiras tur\u00edsticas internacionais m\u00e1is importantes e reforzou a s\u00faa presenza en eventos nacionais &#8230; <a title=\"A aposta pola internacionalizaci\u00f3n do destino Galicia, a consolidaci\u00f3n de diferentes produtos tur\u00edsticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Cl\u00faster en 2024\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-aposta-pola-internacionalizacion-do-destino-galicia-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-e-o-peche-da-estratexia-de-turismo-2030-centraron-a-actividade-do-cluster-en-2024\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A aposta pola internacionalizaci\u00f3n do destino Galicia, a consolidaci\u00f3n de diferentes produtos tur\u00edsticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Cl\u00faster en 2024\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-32473","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32473","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32473"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32473\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32473"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32473"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32473"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}