Turismo de Galicia abre unha liña de subvencións para a mellora de infraestruturas e sinalización do rural galego

As axudas están orientadas a promover obras de mellora de accesibilidade de recursos turísticos tales como espazos naturais, miradoiros, rotas de sendeirismo, praias….

Co obxectivo de dotar aos recursos turísticos do medio rural galego de mellores infraestruturas e sinalización adecuada que permita lles permitan seren un recurso accesible para todos, Turismo de Galicia ven de abrir unha liña de de axudas dotada con 1.5 millóns de euros e orientada á mellora da accesibilidade física e a sinalización de recursos turísticos coma os espazos naturais, miradoiros e rotas de sendeirismo, praias marítimas e fluviais e Bens de Interese Cultural.

Así grazas a estas axudas todos os concellos do medio rural galego, é dicir todos os concellos de Galicia exceptuando aqueles incluídos nos perímetros urbanos -Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Coruña e Vigo- poderán levar a cabo a construción, ampliación ou mellora de aparcamentos para o acceso aos recursos turísticos, a pavimentación dos accesos ao recurso, pasarelas, ramplas e eliminación de barreiras arquitectónicas, a construción, rehabilitación ou mellora das instalacións que contribúan a mellorar os accesos e circulación dos visitantes e a dotación de equipamentos das referidas instalacións, a rehabilitación ou mellora da accesibilidade dos espazos naturais e a dotación de equipamentos nestes, así como a sinalización, información visual e información táctil.

Estas subvencións están orientadas a cubri os gastos correspondentes á posta en disposición de TICs nos recursos turísticos principalmente dirixida a accesibilidade visual e auditiva, á construción, adquisicións ou mellora de inmobles que contribúan aos obxectivos establecidos, aos equipamentos e material non funxible para acondicionamento dos recursos, á adquisición de maquinaria e equipos necesarios para a implementación da actuación, incluídas as aplicacións informáticas, e aos custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen, tales como honorarios de redacción de proxectos, enxeñeiros e asesores así como estudos de viabilidade.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afrimou que “con esta iniciativa contribuiremos a facer de Galicia un destino turístico accesible para todos e potenciar o medio rural continuando incrementando así as súas cifras de demanda”. Neste sentido Castro destacaba o incremento da demanda  rexistrada polo turismo rural da comunidade galega o pasado ano, que superou nun 18,5% a súa cifra de viaxeiros aloxados e nun 16,3% as súas pernoitas. Así mesmo, destacou que o turismo internacional marcou no pasado ano máximos históricos no turismo rural, tanto de demanda, mellorando as súas cifras nun 35%, como de peso, pois o mercado internacional representou o 18,4% do total. Segundo explicou Nava Castro esta mellora dos niveis de demanda turística no turismo rural continua neste ano, xa que no pasado mes de xaneiro os establecementos de turismo rural de Galicia rexistraron unha suba do 15%. Neste senso, a directora de Turismo de Galicia afirmou que estas cifras amosan que o medio rural constitúe na actualidade un gran atractivo turístico para a nosa comunidade e por isto temos o compromiso de traballar no seu impulso e potenciación”.

Plan Integral de Turismo de Galicia

Esta liña de axudas constitúe un paso máis nun dos obxectivos do Plan Integral de Turismo e da aposta da Xunta por consolidar a nosa comunidade como un destino accesible, continuando a traballar polo desenvolvemento do turismo na nosa comunidade de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade, sen esquecer que o turismo constitúe un sector fundamental no desenvolvemento de moitas zonas rurais xa que crea emprego e aumenta a súa atracción global. Finalmente Nava Castro tamén anunciou a apertura dunha liña de financiamento con cargo ao Fondo Financeiro do Estado para a reparación dos danos causados polos temporais de vento e mar na fachada atlántica e na costa cantábrica.

Segundo explicou Nava Catsro, esta liña de préstamos, dirixida a administracións locais, consorcios e empresas turísticas privadas, ten a finalidade de financiar as obras de reparación das infraestruturas turísticas municipais e establecementos turísticos privados que quedaran afectados polos fortes temporais que sacudiron Galicia o pasado ano.

DESCARGA AQUÍ O A RESOLUCIÓN DO DOGA do 6 de marzo de 2015

Nava Castro destacou en Fitur a colaboración público-privada como factor decisivo no posicionamento de Galicia no turismo internacional

O stand de Galicia acolleu 30 presentacións de vilas e recursos turísticos, ademais de recibir a visita da ministra Ana Pastor, a secretaria do Estado de Turismo, Isabel Borrego, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo ou o vicepresidente, Alfonso Rueda, además de alcaldes e outras moitas autoridades autonómicas e locais.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou durante a súa estadía en Fitur que “Galicia ten moito que ofrecer”. Nesta liña, falou do seu patrimonio cultural destacando o Camiño de Santiago, do que dixo é “protagonista indiscutible da oferta galega”, a Torre de Hércules, a Muralla de Lugo e a cidade de Santiago, todos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Así mesmo resaltou o patrimonio natural galego con máis do 12% do territorio protexido entre o que destacou o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nava Castro falou tamén do termalismo como “unha vantaxe diferencial e competitiva do destino Galicia”, ao contar con máis de 300 captacións de augas termais e 21 balnearios.  A directora de Turismo de Galicia resaltou os incribles datos rexistrados pola comunidade no pasado ano. “No 2014 batemos récords de peregrinos, con máis de 237 mil, de viaxeiros, con máis de 4 millóns, e de turistas internacionais, superando o millón”, afirmou.

Nava Castro incidiu na importancia da colaboración público-privada da cal dixo “está sendo un factor decisivo para a política turística de Galicia”. “A nosa aposta polo traballo conxunto está posicionando a nosa comunidade nun lugar destacado do turismo mundial”, afirmou.

Durante a celebración da feira sucedéronse as presentacións no stand de Galicia nas que non faltaron as intervencións da directora da Axencia de Turismo de Galicia, como fixo na presentación de Baiona ou da festa do Corpus Christi de Ponteareas, na presentación dos Parques Naturais ou dos Trens Turísticos galegos. Deste xeito recursos de Galicia tan importantes no reclamo dos turistas como o Camiño Inglés, o Ano Picasso, a Festa do Pulpo do Carballiño, Termatalia ou o Festival de Ortigueira foron presentados no primeiro día. Así mesmo, os visitantes ao expositor de Galicia puideron coñecer máis a fondo os destinos Ferrol, Arteixo, Arousa Norte e a mariña lucense así como descubrir a recoñecida gastronomía de Lugo coa presentación da nova guía “…E para comer Lugo”.

O stand de Galicia contou, ademais, coa presenza da ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo na primeira xornada mentres que na segunda pasaron polo stand a secretaria do Estado para o Turismo, Isabel Borrego ou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ademais doutras autoridades autonómicas e locais galegas durante as diferentes presentacións que se foron sucedendo.

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.