Esta medida supón o peche de todo salvo as farmacias, as tendas de alimentación, os estancos e os quioscos de prensa.
Restauración, balnearios e albergues do Camiño de Santiago deixaron xa de prestar os seus servizos ao público desde a medianoite do pasado venres en cumprimento de RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020 na que se recolle o acordo do Consello da Xunta polo que se declara a situación de Emerxencia Sanitaria en todo o territorio galego e actívase o plan territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 co fin de evitar a expansión do coronavirus.
No que se refire á suspensión de actividades a resolución indica a suspensión da actividade durante 14 días naturais, contados desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e establécense determinadas disposicións xerais de aplicación na materia e, nomeadamente:
- Cinemas
- Teatros
- Auditorios
- Circos
- Establecementos de espectáculos deportivos
- Recintos feirais
- Casinos
- Salas de bingo
- Salóns de xogo
- Tendas de apostas
- Estadios deportivos
- Pavillóns deportivos
- Recintos deportivos
- Pistas de patinaxe
- Ximnasios
- Piscinas de competición
- Piscinas recreativas de uso colectivo
- Parques acuáticos
- Salóns recreativos
- Parques multiocio
- Museos
- Bibliotecas
- Salas de conferencias
- Salas polivalentes
- Salas de concertos
- Restaurantes
- Salóns de banquetes
- Cafetarías
- Bares
- Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas
- Salas de festas
- Discotecas
- Pubs
- Cafés-espectáculo
- Furanchos
- Centros de lecer infantil
Os establecementos de restauración, como cafetarías, bares e restaurantes, permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
O peche non afecta os bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior das instalacións destinadas á prestación de servizos públicos, sempre que a súa actividade limítese estritamente aos seus clientes aloxados ou aos traballadores das instalacións.
Así mesmo, disponse por igual tempo a suspensión da actividade dos establecementos balnearios regulados na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a dos espazos termais e piscinas termais de uso lúdico, reguladas na Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
Suspéndese polo tempo previsto neste acordo a actividade dos albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.