O posicionamento adecuado nas redes sociais xoga cada vez máis un peso maior na reputación dun establecemento hostaleiro ou de restauración. Dispor dun bo posicionamento nas redes sociais xa non é unha opción, é imprescindible á hora de lograr un bo achegamento ao cliente. Baixo esta premisa Feprohos celebra a partir do luns un taller formativo impartido por Víctor Gómez Romeu de seis horas de duración dirixido a propietarios e encargados de negocios de hostalaría e profesionais do sector, cociñeiros, encargados ou xefes de sala.
Programa do taller:
- Creación ou mellora de perfís en redes sociais. En que redes sociais estamos e onde debemos estar. Toma o control da túa rede.
- Que é o que teño que contar e como teño que facelo. Como xero contido. Cando se debe publicar. Existe algunha ferramenta que me poida axudar?
- Como interactuar co teu cliente. Como responder a unha mensaxe ou comentario. Que debo facer ante unha crítica. Podo mellorar a miña reputación online?
Para máis información e reservas poden dirixirse a formacion@restauraaccion.com